Mos

Comunicaciones

Mos

INFORMACIÓN Á VECIÑANZA CON POZOS PARTICULARES NA ZONA DO VERQUIDO DE GASOLEO

Fecha de publicación: 06/06/2026

⚠️ INFORMACIÓN Á VECIÑANZA CON POZOS PARTICULARES ⚠️ Seguindo as recomendacións trasladadas pola Consellería de Sanidade, ante calquera indicio de posible contaminación da auga (olor a combustible, sabor anómalo ou presenza de manchas aceitosas), recoméndase: 🔹 Non consumir a auga para beber, cociñar, lavar alimentos nin dar de beber a animais. 🔹 Non utilizar a auga para a hixiene persoal. 🔹 Non empregar a auga para o rego de hortas, cultivos ou plantas destinadas ao consumo. 🔹 Non ferver a auga, xa que non elimina os contaminantes e pode xerar vapores nocivos. 🔹 Pechar a chave de paso do pozo para evitar que a contaminación alcance as instalacións da vivenda. 🔹 Ventilar os espazos se se detecta cheiro a combustible ou produtos químicos. 📞 As persoas propietarias de pozos que consideren que poden verse afectados poden contactar co Concello de Mos no teléfono 670 88 47 12 para solicitar a análise da auga. Estas recomendacións teñen carácter preventivo mentres continúan os traballos de control, seguimento e avaliación da zona afectada. Agradecemos a colaboración da veciñanza